Historia

"A Casa dos Caretas é un proxecto que nace no 2021, en plena pandemia, pero non se desenvolve como proxecto real ata Marzo/Abril de 2022.
Da reforma dunha corte de animais á posta en marcha dun soño. A Casa dos Caretas non tiña esta forma nin esta ubicación... pero non o puidemos facer mellor.
Agora que o soño se cumpriu, que o proxecto é unha realidade e que funciona gracias a todos e todas, chegou o momento dun cambio.
Naquel recuncho queda a orixe deste proxecto, o lugar no que comezou todo, a reforma que fixo posible darlle sentido a este negocio familiar, onde ese soño se fixo realidade.
Chegou o momento do traslado, de converter o proxecto no soño inicial, o momento de medrar.
Comeza unha nova aventura, unha continuación do que vimos vivindo dende fai case un ano, na que esperamos contar e desfrutar con todos e todas vós.
Agora estamos aquí,  pero nunca esqueceremos o lugar de onde vimos.
E, quen sabe... quizáis algún día voltaremos alí de novo."

22 Xuño de 2023